Blogger Template by Blogcrowds.



ai nó! disía...

hmmm hmmm (carraspeo)

(ton forte)
ghrandola vila moreeena
vila da fraternidaaade...





por siérto!! que pra quen queira un...




... felís día ^^

manual de destrución

noites de insomnio (e de resaca)

un fulano que se chama Samuel L. París escribiu un poemario que descubrín ahora mismo. Non me dá a olla pra moito, e en realidade quería poñer aquí un par de versos dun dos seus poemas que me dá rabia non telos inventado eu.

(...)
e non fales de amor á patria
cando queres dicir
SEXO


se quen caia por aquí quere máis... http://www.aregueifa.net/index.php?option=com_content&task=view&id=87

manual da destrución

como me gusta que o mundo colgue as súas cousas na rede e non ter que pagar por elas ^^


saúde!

inventando as ausencias

perdíate polas elevacións sublimes do verde,
e alcanzábate
coma un eu-eu.
Cantaba, de nena cantaba.

"mentres vas alá
míroche pequeno
cando vés aquí
bícoche nos beizos"




Eso de que as comparaciós son odiosas
é só
porque as verdades doen

... miña nai non sei sirílico


Sae música da radio e da ventana. Son músicas parecidas. As dúas choran. E as dúas fan sorrir como cando sempre che acorda que era o momento de facer filloas, ou como cando comes castañas na cociña de lume. E non é costumismo, e a realidá. Pero éche boa verdá que os de Lugo somos abundantes. Ou parecémolo. (Estereotipo ou prexuízo?).

Todo por regalarche unha palabra, porque non podería usala sen usarte. E usar ás personas é feo (ou eso din as normas sociais). Usémonos de vez en cando... aínda que ben mirado, en Galicia a xente úsase abondo (Estereotipo ou prexuízo?).

Un patio de luces de, como moito, catro metros cadrados -palabra-, sempre é moito máis muso mollado. Húmido.

Hoxe aprendín con Angueira que o imaxinario paisaxístico presente no colectivo foi un invento de Rosalía, por contraposición a Castilla, árida, seca.

Pregúntome se haberá quen non teña esta idea na cabeza. Ultimamente moito se oe "xa facía falta". Se se bota en falta, será porque se tiña. E porque prestaba. E tamén me presta a min aquí, porque se non houbese auga do ceo no patio de luces, non habería nada, e algo sempre é millor que nada. É unha idea (tamén hai outras). Ademais é un composto enganoso. Este patio non ten luces. Polo menos cando chove, ten auga. E cando hai auga acórdaste do sol. Pero se non hai nada, de que te acordas? O patio de luces sempre é moito máis muso mollado.

E eu queríache regalar unha palabra matrioshca. (porque a palabra "amor" non a censuraramos, non?). amor... tecedor. amortecedor. a morte (cedo (r)). amor tece dor, amortece dor.

E, quen sabe que máis. Se soubese cirílico...


Sabes? Cómpre que leas Choiva, vapor e velocidade, de Raúl Gómez Pato (eds. Positivas).
(outra ves)


carolo carolo carolo carolo carolo carolo carolo carolo carolo carolo carolo carolo carolo carolo

Compartir estrelas contigo

é case un asunto revolucionario.



Apagamos as morentes e as castros

e acabamos por prender a vermella



e mentres prendemos, perdémonos e pretendémonos.



E como nos gusta.

lusista:



que ben que te preocupes

pero que mal o fas.

crenzas e creaciós

Non ch'hai máis maneira de serte...
que crerte.
E créote.




Créote ó meu antoxo.

manda truco

Si. Por que non.
Desexo que... aparezas,
ti solo
e me fagas cambiar
de opinión.


Finxir moralidá...
sale caro eh?

Entradas más recientes Entradas antiguas Página principal