Blogger Template by Blogcrowds.

Os días tráganme. Sen piedade***.

[A ti moléstalche a chuvia que cae. A min gústame demasiado. Como son cousas do tempo,non nos enfadamos.
Nunca nos imos bicar por primeira vez baixo unha tola tormenta de tronos e trompetas... e que lle ibamos facer se somos deste tempo, e non daquel?
Eu analizo os poemas mentres ti miras mariposas e bolboretas, pero é que eu estou na edá e a ti sáenche do estómago.

Que lle imos facer, pero que lle imos facer.


Así pasamos os días, entregados á feliz compracencia da posmodernidade.]




















*** Sen piedade (se vive mejor, que dirías tú -coña de serie limitada-).

...

Os ejecutivos, vestidos de traxe e todo...
tamén cospen por necesidá,
enriba dunha herba ou onde sea.


eu vinos

tamén vin a unha señora arrugada pija e fea dándolle unha patada a unha moreíña de cascas de pipas e mirando con cara de asco á comedora de pipas.


porque hai xente pra todo a merda tamén chega pra todo o mundo.

E punto.

maliciosa...

Non preciso (nin quero) dicirche o que me pareces... porque eu sei que se non o sabes, intúelo, e canto máis atormenta a dúbida que a certeza...

Entradas más recientes Entradas antiguas Página principal