Blogger Template by Blogcrowds.

insoportamabilidades

encantadora do vicio:
alí te sentas a observar o mundo,
no outo e negro penedo que deixa que o sol se meta no mar.
encantadora do artificio,
usufructuaria do usufructo prohibido.

a mullermalvadamamada cando fantasea, fantaxía de verdá.
é a xélida fecundIDADE da voráxine devoradora de amamementos.

-ghíate por min

e o mundo malbaila ó seu compás(,) destruído, derrotado, miserento.
sentenciosa, perighosa, abre tódolos labios
quebra rutinaria tódalas barreiras
e tan núa obsérvate
tan núa te obsérva que ti non deixas de crela

[e é a atracción, o atraemento, o atractivo,
un atraco a mau armada
e nunca podes facer nada
e nunca podes facer nada.]

ti lambes sedento as ausencias do seu corpo
e os dentes cravan lentos as mentiras ensuciadas que che vende
e a lentura dos seus ollos
(só para que vexas que nada hai de trampa na sucesión da súa mirada)
esvara queda pola tépeda consciencia e nada queda se non a querencia e a tolemia.

asasínaste seuanxiño,
(botas o peito, os ollos, a cara cara as súas unllas violantes)

e...as distancias curtas... coas súas maus largas
fan que gañe o que temedes,
que perdades a consciencia;
que creades (n)o uni-verso! (tamén falo porque si)
dentalladas en(den)talladas, as musas fan de vós un pandeiro.
Asumides estratexias como por vocación
e o único que leva no corpo é o encarnado das unllas,
e o único que levas ós dentes é a súa boca pene(n)trante
e o único que queredes na vida é...

-galegomamante
amamante
amamantesquedispoixa!

lusista...

eu non sei, pero...
a min daríame vergonza falarlle así a miña abuela.









...en colaboración con dani

Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio