a gran depresión
grande presión
depresión.
(e aburrimiénto, a verdá)
nervios a-tracción, co-razonamento...
... a filo-i-lóxica do (meu?) pracer
non pretensión de incomodar a Hölderlin [(tempos en destempo) un clásico]
6 comentarios Publicado por reineta en 8:45Xogos ar(am)ados na leira e na feira e na esteira (da lembranza, claro)
Xogos desarmados que ausentan a ausencia.
Poetastro podería ser o poeta do astro,
e diso sei que Hölderlin entendía.
...para min es luz amiga que sobe e que baixa
para min es luz antiga que se olvida (...ou non, claro)
...
é cousa do gusto? ou do disgusto?
é algo xusto? ou é inxusto?
é o que hai
e o que non hai
...
Este xogo de contrarios en contrarios encontrados que tanto xogo dá.
Sacar do chinero as palabras todas,
que chispeen, que alampeen... que rebulen!!!
e que o poema se fago-cite / se faga cita a si mesmo.
Amén así sea
Amen-icemos o poema!!
vide vendimar a vide!! ^^ (guiño a Marcos)
(non vendimar a vida)
se teño as ondas do millo...
diría M. Códax se vivise en Chantada
-espero au-sentada a que pase o vrau-
part-(h)imen
ou non
part-(h)imen?
...
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
(o resto estraghouse, fragmentarios somos!)
[***O partimen, modalidade xenérica específica da lírica medieval, diferénciase da tenzón, outra modalidade x. e. da l. m., en que se nesta se dá un debate entre dous trovadores no que o primeiro propón o tema e defende unha posicón na primeira estrofa e o outro defende a posición contraria na seguinte, no partimen o trobador que inicia o diálogo proponlle ó outro un tema de discusión sobre cuestións amorosas en forma de disxuntiva; o interlocutor elixe e defende unha das opcións e o trobador que propuxo a cuestión defende a contraria parafraseando a X. B.Arias Freixedo na súa Antoloxía da lírica galego-portuguesa]
Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio