Blogger Template by Blogcrowds.

youtoubeando...

e entrando na lúa chea




ser é unha decisión
si,
ser é o difícil

sub-ego subrogo e rogo clemencia
só coa mente se pode chegar aspirar a trascender
só demente,
colega


desexostraizón.

estou moi asustada:

http://www.youtube.com/watch?v=hQ_cDSRsLvE&feature=related


(pq yo! te amo con el ímpetu del viénto, yó!)



diósmío
recomendo tamén...
http://www.youtube.com/watch?v=E0K3afbz9co&feature=related

que algún dos poucos que me le me diga se é posible tomar o símbolo dos cartos como unha metáfora de algo menos absurdo
hip-nó-tí-za-me mézclate conmigo


disfrutade, lunátic@s (e que me perdoen os odiadores das arrobas)

insoportamabilidades

encantadora do vicio:
alí te sentas a observar o mundo,
no outo e negro penedo que deixa que o sol se meta no mar.
encantadora do artificio,
usufructuaria do usufructo prohibido.

a mullermalvadamamada cando fantasea, fantaxía de verdá.
é a xélida fecundIDADE da voráxine devoradora de amamementos.

-ghíate por min

e o mundo malbaila ó seu compás(,) destruído, derrotado, miserento.
sentenciosa, perighosa, abre tódolos labios
quebra rutinaria tódalas barreiras
e tan núa obsérvate
tan núa te obsérva que ti non deixas de crela

[e é a atracción, o atraemento, o atractivo,
un atraco a mau armada
e nunca podes facer nada
e nunca podes facer nada.]

ti lambes sedento as ausencias do seu corpo
e os dentes cravan lentos as mentiras ensuciadas que che vende
e a lentura dos seus ollos
(só para que vexas que nada hai de trampa na sucesión da súa mirada)
esvara queda pola tépeda consciencia e nada queda se non a querencia e a tolemia.

asasínaste seuanxiño,
(botas o peito, os ollos, a cara cara as súas unllas violantes)

e...as distancias curtas... coas súas maus largas
fan que gañe o que temedes,
que perdades a consciencia;
que creades (n)o uni-verso! (tamén falo porque si)
dentalladas en(den)talladas, as musas fan de vós un pandeiro.
Asumides estratexias como por vocación
e o único que leva no corpo é o encarnado das unllas,
e o único que levas ós dentes é a súa boca pene(n)trante
e o único que queredes na vida é...

-galegomamante
amamante
amamantesquedispoixa!

lusista...

eu non sei, pero...
a min daríame vergonza falarlle así a miña abuela.









...en colaboración con dani

evolución de crise

a gran depresión
grande presión
depresión.

(e aburrimiénto, a verdá)

unha de referencias

que somos sin o(n) con-texto?

filologgear

nervios a-tracción, co-razonamento...

... a filo-i-lóxica do (meu?) pracer

Xogos ar(am)ados na leira e na feira e na esteira (da lembranza, claro)
Xogos desarmados que ausentan a ausencia.

Poetastro podería ser o poeta do astro,
e diso sei que Hölderlin entendía.
...para min es luz amiga que sobe e que baixa
para min es luz antiga que se olvida (...ou non, claro)
...
é cousa do gusto? ou do disgusto?
é algo xusto? ou é inxusto?

é o que hai
e o que non hai
...
Este xogo de contrarios en contrarios encontrados que tanto xogo dá.

Sacar do chinero as palabras todas,
que chispeen, que alampeen... que rebulen!!!
e que o poema se fago-cite / se faga cita a si mesmo.

Amén así sea

Amen-icemos o poema!!













vide vendimar a vide!! ^^ (guiño a Marcos)
(non vendimar a vida)

Entradas más recientes Entradas antiguas Inicio