Achégaste, lenta, vaise medrando. Poñendo a boca gorda: quero ser actriz e saír na televisión. Quero ser a mala, que se me dá mellor. Debulla cos dedos a pistola, Asubía a nosa canción. Ó oído dime: vou metelas a todas nun bote e machacalas co batedor. O batedor está roto. Non importa, vounas machar igual pero vaime levar máis tempo (Xiana Arias Rego)
O día nace bonito, o mar de ARousa está calmo e chá. Alá ao lonxe, do mar, o vento do sur trae un grándola baixiño, coma un susurro, pero firme e vigoroso.
Pídome mil caraveis vermellos para ir repartindo pola rúa cun sorriso.
Hai un para ti e outro para cadanseu blogueir@ bo@ e xeneros@.
Vou por unha esquina do triángulo, xa lle direi. Hermaco
Hermaco
O día nace bonito, o mar de ARousa está calmo e chá. Alá ao lonxe, do mar, o vento do sur trae un grándola baixiño, coma un susurro, pero firme e vigoroso.
Pídome mil caraveis vermellos para ir repartindo pola rúa cun sorriso.
Hai un para ti e outro para cadanseu blogueir@ bo@ e xeneros@.
Vou por unha esquina do triángulo, xa lle direi.
Hermaco
eu tamén che collo un! ;*