Blogger Template by Blogcrowds.

Xogos ar(am)ados na leira e na feira e na esteira (da lembranza, claro)
Xogos desarmados que ausentan a ausencia.

Poetastro podería ser o poeta do astro,
e diso sei que Hölderlin entendía.
...para min es luz amiga que sobe e que baixa
para min es luz antiga que se olvida (...ou non, claro)
...
é cousa do gusto? ou do disgusto?
é algo xusto? ou é inxusto?

é o que hai
e o que non hai
...
Este xogo de contrarios en contrarios encontrados que tanto xogo dá.

Sacar do chinero as palabras todas,
que chispeen, que alampeen... que rebulen!!!
e que o poema se fago-cite / se faga cita a si mesmo.

Amén así sea

Amen-icemos o poema!!













vide vendimar a vide!! ^^ (guiño a Marcos)
(non vendimar a vida)

6 Comments:

  1. balonga said...
    Contacto co poema con tacto
    xogas coas palabras
    sentidas nos sentidos
    do escintilar da alma.
    Hermaco said...
    Dias de vendima.
    Días de Bemvida.
    Días de boa vida?

    Agaárdoo
    Samo said...
    mandeiche correo con enderezo
    recibiches?
    xa a semana pasada
    incido
    armagideon tenoreko aztarnak
    perigo
    Samo said...
    matáchesme en serio que me mataches e agora

    hostia
    agora tes que pagarlle aos da funeraria

    lerás correos/contestarás correos
    que continúo sen un peso no vodafono
    samo toleando said...
    miles de grazas/jrasias

    redios!
    O Garcia do Outeiro said...
    Joguemos entom por trás dos curutos: saquemos o peine da segadora do chinero
    repartamos o pam da artesa
    agarremos a eixada

    e batamos com todo o dia da vendima
    (namais das uvas mouras)
    desde o Courel a Compostela
    desde a montanha ao mar.

    P.D: o que mais me gosta é que os poemas som todos mui originais e diferentes ao que eu fago e leio e isso bom.

Post a Comment



Entrada más reciente Entrada antigua Página principal