Cambio flores por balas. Cambio o rostro dun neno en Bagdad polo FMI, o petróleo, as bolsas. Cambio as voces das prazas, das almas en alma ganando o futuro, polas roldas de prensa do presidente e os seus portavoces grises. Cambio os teus olliños de mel polos telescopios, e satélites, e cámaras que atan o ceo azul de Irak. Cambio a vida pola morte. Cambio a alegría pola miña tristeza de impotente, inútil, columnista que golpea teclas, como lágrimas. Cambio a rebeldía pola submisión, a aquiescencia, lo que usted diga, mi señor, siempre a sus órdenes. Cambio un billete ao sol por todas as viaxes ao inferno. Cambio un minuto de tenrura por un minuto de telediario. Cambio bicos por uniformes militares. Cambio amor a dentadas por unha misión humanitaria en nome da orde internacional, a democracia, a seguridade y la madre que los parió. Cambio a insensatez da noite, polas guerras preventivas. Cambio el tren de la bruja por los tanques de Bush. Cambio os astronautas que buscan o paraíso polos astronautas que só buscan a lúa (que está chorando, cariño). Cambio, en definitiva, a túa mirada por todas as miradas. Tal vez porque os teus ollos disparan flores... Esas que cambio por balas (Xosé Carlos Caneiro)
Levareille, levareille, diralle o contratio.