... miña nai non sei sirílico
Sae música da radio e da ventana. Son músicas parecidas. As dúas choran. E as dúas fan sorrir como cando sempre che acorda que era o momento de facer filloas, ou como cando comes castañas na cociña de lume. E non é costumismo, e a realidá. Pero éche boa verdá que os de Lugo somos abundantes. Ou parecémolo. (Estereotipo ou prexuízo?).
Todo por regalarche unha palabra, porque non podería usala sen usarte. E usar ás personas é feo (ou eso din as normas sociais). Usémonos de vez en cando... aínda que ben mirado, en Galicia a xente úsase abondo (Estereotipo ou prexuízo?).
Un patio de luces de, como moito, catro metros cadrados -palabra-, sempre é moito máis muso mollado. Húmido.
Hoxe aprendín con Angueira que o imaxinario paisaxístico presente no colectivo foi un invento de Rosalía, por contraposición a Castilla, árida, seca.
Pregúntome se haberá quen non teña esta idea na cabeza. Ultimamente moito se oe "xa facía falta". Se se bota en falta, será porque se tiña. E porque prestaba. E tamén me presta a min aquí, porque se non houbese auga do ceo no patio de luces, non habería nada, e algo sempre é millor que nada. É unha idea (tamén hai outras). Ademais é un composto enganoso. Este patio non ten luces. Polo menos cando chove, ten auga. E cando hai auga acórdaste do sol. Pero se non hai nada, de que te acordas? O patio de luces sempre é moito máis muso mollado.
E eu queríache regalar unha palabra matrioshca. (porque a palabra "amor" non a censuraramos, non?). amor... tecedor. amortecedor. a morte (cedo (r)). amor tece dor, amortece dor.
E, quen sabe que máis. Se soubese cirílico...
Sabes? Cómpre que leas Choiva, vapor e velocidade, de Raúl Gómez Pato (eds. Positivas).
(outra ves)
carolo carolo carolo carolo carolo carolo carolo carolo carolo carolo carolo carolo carolo carolo
2 Comments:
Entrada más reciente Entrada antigua Inicio
A cidade que se move a outra velocidade. Ás veces desespérame. Ás veces encántame.
En Barcelona as agullas dos reloxos móvense máis rápido. Está comprobado.
Ame o pobo o bo poema, palíndromo tamén.
Unha ledicia lerte.
Boadanza.
balonga